viernes, 10 de agosto de 2012

RAVIOLIS NEGROS RECHEOS DE CARANGUEXO

 É unha pasta moi nutritiva, elegante no prato, un pouco complicada de facer pero o resultado merece a pena.



Ingredientes para 4 Persoas:

Para a masa:
  • 250 gr de ovo
  • 3 bolsiñas de tinta de calamar
  • 250 gr de fariña de forza
  • 150 gr de sémola
  • sal
  • aceite de oliva
Para o recheo:
  • unha pataca cocida cortada en dadiños pequenos
  • perexil picado
  • 250 gr de mascarpone
  • 50 gr de queixo parmesano
  • 200 gr de carne de carangexo
  • allo
  • salpementa
  • 1/2 allo porro
  • aceite


Elaboración:
  1. Facer a masa xuntando o líquido cos elementos sólidos na batidora. 
  2. Deixar repousar unha hora.
  3. Mentres, facemos o recheo. 
  4. cortar a pataca en dadiños e misturar todo xunto ata facer unha pasta
  5. meter nunha manga pasteleira e rechear as pastas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario