viernes, 10 de agosto de 2012

TARTA QUENTE DE QUEIXO


A tarta de queixo, nas suas variantes frias e quentes e unha receita de elaboración doada. Axeitada para visitas inesperadas, ou para facer un postre cando temos pouco tempo. Esta tarta ó forno é moi saborosa tanto semifria como fria de todo, e ademáis unha receita adecuada para os principiantes na reposteria.
Pódese facer dun día para outro, aguanta perfectamente, e incluso se realza o seu sabor.



Ingredientes para 4 Persoas:
  • 4 quesiños (caserio, vaca que rie, marcas brancas, etc)
  • 1 iogur natural
  • 75 gr de manteiga
  • raladura dun limón
  • 1,5 vaso de azucre
  • 4 ovos
  • 1 vaso de fariña
  • 2 vasos de leite
  • As medidas son polo vaso do iogur


Elaboración:

  1. Bater todo xunto nunha batidora e botar sobre un molde de biscoito enfariñado. 180º uns 25 minutos.
  2. Todo vai medido polo vaso do iogur

No hay comentarios:

Publicar un comentario