jueves, 2 de agosto de 2012

Tiramisú

Decidimos facer este postre non exactamente igual a receita orixinal xa que esta en vez de biscoitos leva bizcoitos de soletilla, nos optamos por facer pranchas de biscoito porque e máis fácil de montar e tamén máis barato.E un postre típico Italiano.
Preferiblemente que estea moi frio.
Ingredientes para 4  persoas:
Para os biscoitos: duas pranchas de biscoito xenovés , cada prancha leva 150 gr de azucre, 150 gr de fariña,6 ovos.
Para a crema: 1 tarrina de 250 gr de queixo mascarpone, 250 gr de tona de montar, 150gr de azucre, un chorro de baileys, cacao en pó o que precise.
Para o almibar: 1/2 de auga, 200 gr de azucre, 1 café só.

Elaboración:
1. Facer os biscoitos nunhas bandexas de forno (con papel antiadherente) uns 7 minutos de cocción hasta que os vexamos algo dourados, desmoldar con cuidado para que as planchas non rompan.
2.Mollar co almibar as pranchas do biscoito  polas duas caras, estender a crema e poñer a outra prancha por enriba, extender de novo a crema dandolle forma con unha espatula polos todos os lados do tiramisú.
3.Espolvorear de cacao no momento de servir.
4. Meter na neveira ata que enfrie e incluso facela o dia anterior, se nos sobra é un postre que podemos conxelar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario